Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.
- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen principalmente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a esta nova contorna non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.
- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e alcanzables e que se axeiten aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.
- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sustentable e realista de face ao futuro.
- Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e consultando previamente a todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
venres, decembro 02, 2011
A favor dos dereitos fundamentais e do coñecemento
Contra a aprobación da Lei Sinde por un Goberno en funcións totalmente deslixitimado aínda que teña o apoio engadido do novo Goberno. En contra tamén de todos canto traballan por unha SGAE á galega como solución para o sistema cultural galego.
martes, novembro 29, 2011
Escépticos: Superstición?
O programa de Escépticos desta semana vai adicado á superstición:
Trae mala sorte pasar por debaixo dunha escaleira, ou cruzarse cun gato negro, ou tal vez hai que escapar do número 13?
Trae mala sorte pasar por debaixo dunha escaleira, ou cruzarse cun gato negro, ou tal vez hai que escapar do número 13?
martes, novembro 22, 2011
Escépticos: Salud de consumo?
Neste programa de Escépticos fálase da saúde de consumo: É certo que as farmaceuticas só procuran fabricar enfermos para aumentar as ventas? Son as vacunas perigosas? Esaxeráronse as posibles consecuencias da gripe A? Actuou ben a OMS? Había algún acordo entre a OMS e as farmaceuticas?
sábado, novembro 19, 2011
martes, novembro 15, 2011
Approved for adoption
Jung é un neno coreano que foi adoptado por unha familia belga.
Jung conta a súa propia historia na banda deseñada "Piel color miel". Este é a sesión do día 15 de novembro do Club Lecturas Debuxadas.
A partires desa historia xorde o proxecto de visitar Corea na procura das propias raíces:
Jung conta a súa propia historia na banda deseñada "Piel color miel". Este é a sesión do día 15 de novembro do Club Lecturas Debuxadas.
A partires desa historia xorde o proxecto de visitar Corea na procura das propias raíces:
luns, novembro 14, 2011
Escépticos: Homeopatía?
Un novo capítulo do boísimo programa da televisión basca EiTB. Neste caso falando da Homeopatía.
martes, novembro 08, 2011
Gravación do novo CD dos Cempés
Os Cempés queren gravar un CD novo e decidiron probar co crowdfunding, ou sexa, andan na procura de mecenas que queiran aportar. Hai opcións para todos os petos.
Como me gusta a idea, xa son mecenas. Como me gusta a idea, aquí a deixo para que se espalle.
Como me gusta a idea, xa son mecenas. Como me gusta a idea, aquí a deixo para que se espalle.
martes, novembro 01, 2011
martes, outubro 25, 2011
martes, outubro 18, 2011
mércores, outubro 12, 2011
Escépticos: ¿ondas del mal?
Un novo episodio de escépticos sobre as ondas electromagnéticas, un tema de gran controversia. Causan cáncer as ondas electromagnéticas?
martes, outubro 04, 2011
martes, setembro 27, 2011
Escépticos
Pensaba eu que xa puxera eu por aquí o capítulo cero do programa Escépticos que se emitiu na EiTB. Despois dese capítulo, decidíronse a facer un programa semanal.
Ademáis de poder verse na televisión, tamén se pode ver en streaming... Menos mal! Aquí está un dos mellores programas da televisión:
¿A ti te funciona?
E o capítulo cero. ¿Fuimos a la luna?
Ademáis de poder verse na televisión, tamén se pode ver en streaming... Menos mal! Aquí está un dos mellores programas da televisión:
¿A ti te funciona?
E o capítulo cero. ¿Fuimos a la luna?
domingo, agosto 14, 2011
Viñetas desde o Atlántico 2011
Non é a miña intención facer un percorrido pormenorizado polo Viñetas desde o Atlántico, para iso vaian directamente a Apocalipse do porco, onde terán contado día a día o festival con vídeos das charlas e das visitas e moi ben explicadiño todo.
Aquí só obterán un pequeno paseo pola rúa da BD e por algunha das exposicións e charlas durante un día e un pouco de outro (querían ser dous días, máis o primeiro non se pode considerar como tal).
Chegar, chegamos a tempo para a charla de Polaqia, mais quedamos na porta falando un poquiño cos amigos. Entramos xusto ao inicio da charla con David Rubín e Marcos Nine, aínda que nos deu tempo a saúdar a ghanito, que anda de reporteiro extra-oficial do festival e que nos comentou que lle faltara algo de "pementa" á charla de Polaqia (o cotilleo rosa televisivo fai estragos... :p )
David Rubín no seu papel, Miguelanxo Prado sufriu o ar acondicionado e ata lle temblaba a voz, Marcos Nine en minoría entre os comiqueiros e Carlos Portela empeñado en levarlle a contraria a David pola súa reivindación de influencia do Dark Knigth 2, de Frank Miller.
Un paseo polas casetas, saúdos a Manel, que ten ao seu carón a Tokio, e a Sergio e gastar un pouquiño no dos veces breve adicado integramente a autores galegos. E a cear e durmir.
Erguerse sen demasiada présa, ver como a néboa o inunda todo, darse conta de que a roupa é de verán "sureño", almorzar e tirar para o festival. Aparcar máis perto do que parecía (Coruña é circular!!) e deixarse sorprender por Crepax e a súa Valentina "cuase-erótica".
Das exposicións do Kiosko Alfonso, quedámonos sen dubidalo coa de Jordi Lafebre. Tamén Guarnido e Canales. Altarriba e Kim xa nos tiñan conquistados e Rubín case comenta con nós a súa exposición (diante dunha cámara).
Dubidar entre seguir coas exposicións ou gastar os cartos. Evidentemente tirar cos cartos. Caen as tres novidades de Demo (hai que ir coñecendo as lecturas galegas de cómic), conversación friki arredor de Góndor(mar), e saúdos a Eva e a Melo, por separado. Jacobo acaba de presentar o seu Lois Pereiro e cruzamos unhas breves palabras. Mentras Kiko presenta Retranca e Fiz, cae o último Barsowia, e chegamos para escoitar a Kohell "que está para facer vulto e o pánico aparece cando ten que falar en público".
Pola tarde amagamos con facer cola para que nos asinen El arte de volar, pensámolo mellor e imos tomar un cafeciño na terraza do lado.
Antes de acompañar a Guiral na exposición dos Pitufos, onde tivo que lidiar cun público "difícil" (ver vídeos 1 e 2, cortesía de ghanito), percorremos Viaje con Nosotros! onde descubrimos algunha que outra cousiña.
Rematamos coa excelente charla de Antonio Altarriba e Kim que estiveron falando sobre o proceso de creación de El arte de volar, que podedes ver, e escoitar, se dades un paseo polo Apocalipse do porco. Charla interesante, divertida, amena, e ata emocionante que rematou cun longo aplauso do público.
Visita típica turística á Torre de Hércules e viaxe para o sul.
Penso eu que se pode desfrutar moito máis deste festival se se pode acudir a todas as charlas, se se fala a modo con todos ou algún dos autores, cos comiqueiros galegos que se atopan concentrados ben asinando nalgún posto, ben facendo algunha presentación, ou vendo as exposicións. Tamén penso que se pode curiosear nas casetas, procurar o cómic que che falta desta ou doutra colección, ir na busca dalgún cómic, historieta, tebeo, ou como queira que se lle queira chamar, xa descatalogado ou difícil de atopar... Quedo coa sensación de perderme algo... pero non importa porque disfrutei e levei un anaquiño comigo...
A modo de crítica, pequeniña, quedoume detrás dunha orella o pensamento de que os comiqueiros andan demasiado preocupados pola forma, polas influencias, polas maneiras de crear e acaban por case non falar do que crean, do contido, da mensaxe. E creo que os temas que tratan nas súas obras son moi interesantes, pero que se dilúen cando se discute sobre os recursos ou as etiquetas, as grapas ou a novela gráfica, as películas para pobres ou o album franco-belga, as acuarelas ou a obra maldita de Frank Miller.
Tal vez, como este ano foron dous días e o ano pasado foi só un, o ano que ven terán que ser tres días. Tal vez. Estaría ben, ir crecendo pouco e pouco, ano a ano. Ao final, o interesante é o camiño, o que se vai aprendendo, así en xerundio.
mércores, agosto 10, 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)