domingo, xuño 13, 2010

A illa de San Simón

A illa de San Simón é sinónimo de Premios Xerais.

Este ano a miña visión foi a de blogaliza.tv, que transmitiu os premios en directo e on line.



Os premios foron comentados dende a propia illa, polos propios asistentes, e dende fóra. Pódense ver no twitter procurando #premiosxerais e xerais.

Neste ano houbo emoción, moita enerxía e discursos longos que haberá que retomar para darse conta do que se dixo.

Unha tarde de encontros moi interesantes moi enriquecedores, paseos tranquilos, pensamentos de vagar. O tempo navegou cun ritmo moi calmo e deu para facer a foto de sempre da ponte de rande, dos premios esperando, do paseo dos buxos a soas...




Os premios foron para Teresa González Costa e Iolanda Zúñiga.

Haberá que porse en disposición para que che rouben a bicicleta verde na periferia. Eu estou xa preparado e impaciente.

Un pracer compartir esta tarde con goretoxo, ghanito, pauloshka, olevantadordeminas, e sentir a tati dende o outro lado.



O barco xa alá vai, leva consigo todas as verbas, todas as emocións, as amistades, a música... que volverán o ano que ven renovados, distintos, noutras olladas...

2 comentarios:

O levantador de minas dixo...

Para min foi emocionante contar coa túa amizade e a túa colaboración. Aperta fraterna do Alfredo Ferreiro.

Premios Xerais 2010 nos blogs, redes sociais e galerías de fotos | Xerais dixo...

[...] «A illa de San Simón» (O curioso impertinente, Mirinho) [...]