Amosando publicacións coa etiqueta A tía Angelina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A tía Angelina. Amosar todas as publicacións

venres, agosto 15, 2008

A procura.

Moi boas, Miguel.

Antes de contestarche quixen obter máis información pois a charla do MARCO despistoume aínda máis. Por iso este retraso na miña contestación. Agora teño o libro de Alonso Montero e xa falei co meu curmán, que é o que sabe do tema.

A charla-coloquio comezou con moita intensidade. Cando cheguei xa había xente sentada nas cadeiras da sá e estaban a miña tía e a miña curmá de pé e rodeadas de xente. Eran os organizadores da mostra que se sentían encantados de ter familiares de Angelina entre o público. Eu tentei quedarme ao marxe, pero en canto me saudou a miña tía alí que veu o director da mostra e preguntoume como soubera da charla, que se estiveran investigando, que se procuraran aos familiares e só toparan a unha sobriña de Pepe... Eu pensei para min que non se lles ocorrera buscar a ningún familiar de Angelina, só tiñan que ir a Leirado e preguntar, e había familia de sobra... Pero iso non é o importante.

Eu ía cun motivo diferente á charla. Eu quería saber algo máis da tía Angelina. Para min sempre foi un misterio, e supoño que o seguirá sendo.

Na charla falaron Antonio Alonso Fontán, a persoa que recibiu de Angelina a carta. Falou de finais dos anos sesenta. Ela esperou á persoa a quen darlle a carta, quixo entregarlla á persoa adecuada. Era moi consciente do que tiña entre as mans. E isto significa que gardou a carta durante corenta anos. Esta foi a miña primeira sorpresa. Eu pensaba, erroneamente, que lla dera pouco despois de que Pepe fora asasinado. Era perigoso ter a carta.

Despois falou Carlos Núñez (o pai) e fixo un discurso moi emotivo, como preso do cárcere onde foi escrita a carta e agora se exhibía no mesmo lugar reconvertido en museo. Unha intervención con moita forza, na que resaltou a maneira de vivir no cárcere e como todos os sentidos se agudizaban. Os movementos, os dicires, as actitudes...

Por último tocoulle a Alonso Montero, que incidiu moi certeiro en que Pepe non era unha persoa que fose á guerra presta a morrer na loita. Como outra moita xente Pepe só quería vivir e non se ten constancia de que estivera en ningún grupo político. Supoño que cando se poida ter acceso ao arquivo de Salvaterra poderase saber que ocorreu, aínda que son moi reacios "porque vive aínda xente implicada". E despois contradeciu a Alonso Fontán no seu recordo de como lle contara a entrega da carta. E leu un fragmento do seu libro "Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-20006)":

José Domínguez González ¿foi comunista?

O 8 de Febreiro de 1937, desde a prisión de Vigo, escríbelle a Angelina Estévez, a súa noiva, natural e veciña, coma el, de Leirado (Ponteareas). É a carta dun condenado a morte. Reproducímola enteira:

... ...

Pretiño de Leirado está a aldea de Meder onde naceu e vive Antonio Alonso Fontán, un dos cidadáns galegos de máis interese e singularidade: labrador e poeta, axitador social e martelo de caciques. Xa era na comarca, antes da morte de Franco, "o roxo", "o herexe" e tamén "o comunista" (aínda que nunca militou no partido). Angelina, que nunca o tratou, oía, oía e calaba, pero un bo día, pouco despois da morte de Franco, vai a Meder á procura de Antonio Alonso Fontán, "o herexe". Atópao, cun libro na man, alindando as vacas. A relación de Angelina con Antonio era mínima: vérense, moi poucas veces, nun enterro ou na feira e saudáranse sen máis. Pero Angelina sabía moito de Antonio, tanto que, nese día, pouco despois da morte de Franco, procúrao, atópao e, case sen mediar palabra, pon nas súas mans un sobre que contiña unha carta manuscrita. Xa entregada, tatexa unhas palabras, bótase a chorar e vaise. Non tardou en morrer. Minutos despois, Antonio, conmovido, descobre que era herdeiro dun tesouro moral e literario.

...

Leu máis e no libro veñen máis verbas (empréstocho cando queiras), pero estas son as que me deixaron máis confundido. Primeiro, Meder e Leirado son dúas parroquias do concello de Salvaterra de Miño. Non é de estrañar que non atoparan a ninguén, se foron á procura en Ponteareas (aínda que se buscasen na túa casa haberían de atopar quen lles dese información). E segundo porque Angelina non morreu ata os anos noventa. É maís. Ao meu curmán gústalle moito a historia e sempre andou indagando. Desta forma descubriu que A Nosa Terra publicara varias cartas de fusilados da zona de Leirado e foi ensinarllas á miña avoa. Coa miña avoa estaba a súa irmá, Angelina. O meu curmán deuse conta nese momento que había unha carta destinada a Angelina e comezou a lela. Angelina ergueuse e comezou a dicir palabra por palabra toda a carta. Imaxina a sorpresa e a emoción do meu curmán nese momento. Tal foi así que falando o outro día con el comentoume: -Lembras como era a tía Angelina? Sabes como era con nós. Pois ese día pediume que lle fixera unha fotocopia á carta e deume 500 pesetas!

A verdade é que isto era para contar na charla. Angelina chegou a saber que a carta tivera transcendencia. Morreu sabendo que lle dera a carta á persoa adecuada e a carta volveu ás súas mans en forma de fotocopia. Eu penseino, mais non sabía exactamente como fora toda a historia e como non se estaba a falar da miña familia non quixen entrar a desmentir o que se estaba contando. Ao fin e ao cabo o importante era a carta nese momento. A charla xiraba arredor da carta, non da miña tía. Foi unha mágoa que non acudira o meu curmán, pois el si puido falar con todo o coñecemento.

Despois xorden dúbidas, como que unha vez que a carta fora distribuída en fotocopias por unha chea de mans non foi de volta á súa dona lexítima. De todos os xeitos, Angelina soubo moi ben a quen lle entregaba a carta, e abofé que deu coa persoa adecuada.

Segue habendo moito misterio na vida da tía Angelina. Eu nunca a entendín (creo que ningún dos curmáns) e realmente ninguén nos contou nunca nada. Vou sabendo máis cousas, como que despois tivo un fillo de solteira e deixoullo ao seu pai mentres ela ía traballar a Francia (quizais París?). Din que o abandonou. De cando en vez pregunto, - E a tía Angelina? - Era unha muller amargada (con mirada medio perdida).

Aínda viven irmás súas, e o seu fillo, e os seus netos, e todo o resto da familia, pero creo que aínda que de verdade investigaran e chegaran a falar con algún deles, pouca información ían ter. É unha sensación como de non saber, non querer saber, querer esquecer...

E aí vai de momento o último capítulo desta historia que conforma un entendemento de moitas situacións que nunca se entenderán nin nunca se saberán.

Unha aperta.

xoves, xullo 03, 2008

A carta






Sen flash. Con flash. Esta carta está exposta no mesmo lugar onde foi escrita. Forma parte da exposición O medio é o museo, no MARCO, en Vigo.

A carta di:

Señorita Angelina Estévez

Leirado-Barral

Apreciable Angelina. Una circunstancia trágica me arrebata la vida en lo mejor, nada valieron los esfuerzos hechos ni la defensa, pues todo estaba previsto de antemano, pues á pesar de ser inocente como se demostró, ¡todo ha sido en vano! no son precisamente los hechos que yo haya cometido, los que me hacen pasar á mejor vida, sino las falsas acusaciones de que fui objeto por parte de los esbirros de Salvatierra, que me colocaron a la cabeza del movimiento para buscar mi eliminación.

Pueden estar tranquilos los que han conseguido lo que deseaban siendo el proceso de Salvatierra el más innoble, el más injusto de todos cuantos se han llevado á cabo, en él que perecieron innecesariamente 10 compañeros valientes y abnegados, que saben ofrendar la vida por una causa noble justa y humana que las generaciones venideras habrán de respetar y recordar con profundo respeto.

Así lo creemos y así lo esperamos los que llevados del afán de justicia y liberación de los pueblos, hemos entregado lo mejor y hemos ofrendado nuestras vidas en 'olocausto' de un mundo mejor, nada hay tan bello ni tan sublime, cuando se muere con la conciencia del deber cumplido.

Lo que más lamento es que todas mis ilusiones se acaban de manera tan injusta, en aquellos momentos en que tenía puesta toda mi fe, toda mi alma en ti y en causa tan noblemente perseguida!...

De cualquier manera, tu estás llamada a ser feliz, eres joven, eres valiente y buena por eso lo mereces y yo así lo deseo de todo corazón.

Sólo deseo que conserves un grato recuerdo de aquel humilde servidor que mucho te ha querido y que lleva á la tumba tu imagen querida!

Si bien es cierto que nuestras relaciones fueron fugaces, no habremos por eso de querernos menos.

Suceda lo que suceda en tu vida, muéstrate siempre orgullosa de haber tenido un novio que aún que pobre y de humilde cuna ha sabido ser un valiente en todas las circunstancias de la vida.

Por último mi querida Angelina, deseo que guardes estas letras mal pergeñadas y de tanto en tanto le pases la vista por encima para recordar este triste episodio.

Te pido también como noble compañera que sepas vengarnos cuando las circunstancias te lo permitan pues confío en tu valor y en tu ideal.

Sed valiente, sed generosa con quien debas serlo, pero muéstrate impasible con aquellos que pegan la puñalada trapera...

Saluda en mí nombre á todas las compañeras y compañeros y diles que mantengan el fuego incentivo en lo más hondo del corazón para la culminación del ideal que se persigue.

Que seas muy feliz es cuanto te deseo.

Tuyo eternamente.

José Domínguez González.

Cárcel de Vigo 8/02/37







Mañá, venres 4 de xullo, ás oito hai unha charla-coloquio con Antonio Alonso Fontán, Alonso Montero e Carlos Núñez. Seguramente eu estarei por alí...

venres, xuño 20, 2008

A tía Angelina.

-Si?

-Ola, curmán.

-Que tal?

-Nada, chamábate só porque hoxe na edición de Galicia do País sae un artigo de Manolo Rivas na que fala da carta de Pepe que lle escribiu á tía Angelina.

-Ah, pois corro a mercalo. E sae a carta?

-Si, si... é que se vai facer unha exposición no Marco...

-Xa o merco e xa o leo. Graciñas.

-Chao, chao.

-Chao, chao.

A tía Angelina vivía na pequena casa que hai xusto na curva que vai para o colexio. Era unha muller "rara", sempre refunfuñando por todo. Unha desas mulleres á que nada lle está ben. Tiña un tic nervioso que lle facía mover a cabeza, como se sempre estivese dicindo que non. Un movemento que aumentaba a intensidade cando se puña nerviosa. Eu só entrei un par de veces na súa casa, e non lembro para que entrei. Era da familia, estaba en todas as celebracións familiares. Sempre había alguén que se lembraba de ir invitala.

Un día, o meu curmán atopou, non sei moi ben como, a carta de Pepe á Angelina. Chamou pola miña tía e leulle a carta. Á tía Angelina comezou a falar con el, lembraba a carta palabra por palabra. E pediulle unha copia da carta. A carta era a despedida de Pepe por estar condenado á morte. Escribíalle dende o cárcere en febreiro do ano 1937 pouco antes de ser fusilado.

Agora aparece o artigo de Manuel Rivas onde se reproduce a carta que tan ben tiña na súa memoria Angelina.

Un sinte agora que pasan cousas na vida que non entendeu nunca. A tía Angelina sempre foi un misterio para min (e moi seguramente para a miña ignorancia). Só me ven á cabeza que o seu tic lle quedou de tanto dicir que non, que non era posible que todo aquilo poidese estar ocorrendo.

Haberá que ir ao MARCO á procura dalgún entendemento.