Unha inauguración moi, moi emotiva.
Amosando publicacións coa etiqueta Gondomar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gondomar b>. Amosar todas as publicacións
martes, maio 19, 2009
luns, abril 20, 2009
Aventuras de Cacauequi.

O martes 21 de Abril estaremos con Jacobo Fernández no Club Lecturas Debuxadas comentando Aventuras de Cacauequi.
O cómic é, para min, unha marabilla casi surrealista (ou superrealista) na que a fantasía cólase por cada recuncho da cada viñeta.
Comentálo co autor é toda unha oportunidade e todo un luxo.
Anímate e ven!
Ás oito na biblioteca municipal de Gondomar.
luns, febreiro 09, 2009
Lendo debuxos.
Pouquiño a pouco o Club Lecturas Debuxadas vai camiñando sobre chan firme. O que comezou con certo escepticismo e cautela por non saber se habería xente que se sentise interesada pola lectura de cómics, vai collendo corpo e parece que se vai facendo coa súa esquiniña no grande cuarto de Espazo Lectura.
Despois dunha sesión de presentación na que apareceron 12 persoas curiosas por saber en que consistían as lecturas de debuxos, comezamos coas lecturas dos cómics tentando coñecer, ademais das historias que contan, un pouco da forma desta linguaxe tan sorprendente.
A primeira sesión adicámola á Mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado, na qu
e estivemos 18 persoas que compartimos as nosas opinións.
A segunda foi para Los combates cotidianos, de Manu Larcenet. Nesta ocasión fomos 25 persoas as que entresacamos todos os elementos narrativos e formais do cómic.
A partires deste momento iremos programando as sesións de tres en tres meses para poder
publicitar todos os clubs de lectura nun tríptico.
Na próxima sesión meterémoslle o ollo a Maus, de Art Spiegelman. Será o próximo 17 de Febreiro.

A seguinte será o 17 de Marzo e leremos Rio Abajo, de Rabaté, como lectura principal, e Arrugas, de Paco Roca, como lectura proposta.

O día 17 de Febreiro adicaremos un tempo a escoller entre todos as tres seguintes lecturas, con propostas dende a propia asociación e coas propostas que aos participantes poidan aportar.
Queres ser ti un participante? Só tes que achegarte o terceiro martes de cada mes pola biblioteca municipal de Gondomar ás oito da tarde.

Despois dunha sesión de presentación na que apareceron 12 persoas curiosas por saber en que consistían as lecturas de debuxos, comezamos coas lecturas dos cómics tentando coñecer, ademais das historias que contan, un pouco da forma desta linguaxe tan sorprendente.
A primeira sesión adicámola á Mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado, na qu
e estivemos 18 persoas que compartimos as nosas opinións.A segunda foi para Los combates cotidianos, de Manu Larcenet. Nesta ocasión fomos 25 persoas as que entresacamos todos os elementos narrativos e formais do cómic.
A partires deste momento iremos programando as sesións de tres en tres meses para poder
publicitar todos os clubs de lectura nun tríptico.Na próxima sesión meterémoslle o ollo a Maus, de Art Spiegelman. Será o próximo 17 de Febreiro.

A seguinte será o 17 de Marzo e leremos Rio Abajo, de Rabaté, como lectura principal, e Arrugas, de Paco Roca, como lectura proposta.

O día 17 de Febreiro adicaremos un tempo a escoller entre todos as tres seguintes lecturas, con propostas dende a propia asociación e coas propostas que aos participantes poidan aportar.
Queres ser ti un participante? Só tes que achegarte o terceiro martes de cada mes pola biblioteca municipal de Gondomar ás oito da tarde.
martes, decembro 16, 2008
A mansión dos Pampín
Estaremos hoxe, martes 16 de decembro, comentando este cómic no Club Lecturas Debuxadas na biblioteca municipal de Gondomar a partir das oito da tarde.
Anímate e ven!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)