Amosando publicacións coa etiqueta Tradición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tradición. Amosar todas as publicacións

xoves, maio 19, 2016

Tiro-liro

Levaba moito tempo con esta idea de versións, de rebuscar un pouquiño, de saber de onde veñen certas músicas. Neste caso é unha anécdota, unha curiosidade. Sempre pensei en facelo nun programa do io~NoS, pero aquí vai aproveitando a inmensidade do youtube.

Lembrades a Radio Topolino Orquesta?

Foi un grupo de moda nos anos oitenta. Tiña cancións de éxito como La vaca lechera, Mi casita de papel, e tamén a que imos escoitar: Tiro liro.



Na propia canción xa se di: Era el baile de moda en los cuarenta y ahora en los ochenta enrolla mucho más. E non é nada máis que a verdade. Trátase dunha versión dunha canción que popularizou a mesma Amália Rodrigues, a partir dunha canción tradicional portuguesa.



Nos anos corenta, como di a Radio Topolino Orquesta, a Orquesta Gran Casino populariza o tema en España, aínda que a cantaban en portugués (cun sotaque un pouco raro, iso si)



Como versión dun tema portugués o gravou o grupo Os Carunchos:



A versión máis recente en Galiza é do grupo Migallas.

Pero escoitemos unha versión dun grupo folclórico portugués:



E podedes buscar máis, hai versións de todo tipo:



A min, que a primeira versión que lembro é a de Radio Topolino Orquesta, non deixa de sorprenderme os camiños que poden tomar algunhas cancións, neste caso de orixe tradicional, e como se van adaptando e modificando. Para que despois veña alguén a dicir que o tradicional non cambia, non evolúe, é estático e "ten que" interpretarse dunha determinada maneira.

_______________________________________________


A miña curiosidade agora é: Chegaches a escoitar todas as versións do Tiro Liro?

domingo, maio 15, 2016

Nuestras fiestas de allá

Descubro a través do catálogo da exposición Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, que pretende contar a cultura galega a través de 100 obxectos (máis ben sería un resumo, unha panorámica, unha síntese... pero esa é outra historia, interesante tamén), descubro, ía dicindo, o documental "Nuestras fiestas de allá", 42 minutos mudos pero que me enchen a cabeza de ideas.

Primeiro o vídeo:




Trátase dun documental feito por José Gil no ano 1928. José Gil Gil era de Rubiós, As Neves. Primeiro pensamento: algo ten Rubiós para aparecer de forma cíclica en forma de documento histórico (e audiovisual).

Segundo pensamento: Retrata a vida no Val Miñor, Vincios, Morgadáns, Nigrán, Chaín,Gondomar, Baiona... Algo ten o Val Miñor para ter sempre tanta forza.

Terceiro pensamento: Sae o palco da música de Vincios, do que xa sabía a súa existencia, pero non vira nunca. Moito sombreiro panamá, gaiteiros, banda de música, xente bailando. É curioso o vídeo que quere retratar a vida aquí para mostrarlla aos emigrantes, e precisamente saen os emigrantes no vídeo no día de festa.

Pensamentos mesturados: Como viste a xente. Como visten os gaiteiros, como visten os músicos da banda de música. En xeral os gaiteiros van antes e a banda de música despois. Os da banda de música van uniformados, os gaiteiros saen en xeral vestindo como o resto do mundo. Habería que facer fincapé sobre a vestimenta do "gaiteiro" (como formación musical). Moitas canaveiras, moita xente cantando, moita xente tocando as palmas. Sempre me chamara a atención como se usa absolutamente todo para tocar (piñas, cacerolas, ferramentas, botellas...) e non se usan as palmas na música galega. Aquí úsanse, dunha forma moi normal, as mans. O das canaveiras veríase raro agora mesmo, non se ven, nen se escoitan. Aquí hai moita xente ao mesmo tempo tocándoas.

Como bailan. Solto e agarrado. Ás veces ao mesmo tempo. En grupos pequenos, incluso en parellas soltas. Trato de ver "quen" saca punto. Non se ve. Máis ben dá a impresión de estar bailando xuntos, sen que ninguén guíe. É pouco tempo para observar máis.

Moita presenza da igrexa. Rituais de saúdo entre santos. Moita música, sen escoitar nada.

Un movemento incrible en Gondomar. Aparece un gaiteiro de barquín, cun pandereteiro e varios homes cantando. Ao mesmo tempo que toca a gaita... e póñense a bailar.

É unha mágoa non escoitar nada, e sen embargo, as imaxes teñen unha forza inmensa precisamente por ser mudas. Son o recordo para os que viven ao outro lado do océano, que é como remata o vídeo.

luns, xullo 27, 2015

Alalá...s

O programa Alalá, da TVG, consiste en monográficos sobre músicos e grupos de música tradicional galega. Poden verse no youtube, que os están subindo aos poucos.

Aquí deixo un reproductor onde se poden ver practicamente os 70 primeiros programas.

A gozar!

mércores, abril 23, 2014

Homenaxe a Henrique Otero

Rubén Troitiño pon en marcha o Proxecto Homenaxe, cun primeiro tema de Henrique Otero.



Homenaxe a Henrique Otero, "O Gaiteiro de Fragoso"
Juan Pena, Luís Correa "Caruncho" e Carlos Estévez - gaitas
Xaime Estévez - acordeón
Manuel Alonso - tambor
Xosé Mª Gutierrez - bombo

luns, decembro 24, 2012

Recuperando a tradición: O Apalpador

A Gentalha do Pichel preséntannos un vídeo resumo sobre o seu traballo durante tres anos na procura do personaxe do Apalpador. Moi interesante!!!!