mércores, marzo 12, 2008

10. Impulso



Cheguei ao programa 10. Parece que un número tan redondo require dalgunha celebración. Sen embargo utilizareino para dar o paso atrás necesario para coller impulso e comezar un novo camiño. Xa vou adiantando neste algunhas das novidades, que ben poucas serán, mais ás veces os pequenos cambios representan grandes pasos.


0. Sintonía.

Agora o tema a adiviñar será a sintonía. En canto se adiviñe, cambiareina.

01. Ana Alcaide - Como la luna y el sol.

Ana Alcaide topou o seu camiño en Suecia. Bióloga e violinista foi toparse coa Nyckelharpa nunha viaxe de estudios a Suecia. O flechazo foi definitivo. Alí tamén topou músicas da península. Agora pódese atopar polas rúas de Toledo tocando e cantando.

'Como la luna y el sol' é o seu segundo disco, recién saído do forno, que anda estos días presentando.

02. Congotronics 2 - Kabuangoyi.

Mestura de ritmos bailables e instrumentos tradicionais do Congo. Congotronics foi a sensación da música africana no ano 2004. África eléctrica.

03. Metallica - One.

De cando en vez merco algún libro sobre música. Esta vez caiu nas miñas mans o libro Investigando los estilos musicales no que se fai un repaso aos distintos elementos característicos de cada periodo da música occidental. O libro ven acompañado de 3 cd con músicas que ilustran cada periodo. Estas músicas non son exclusivamente de música clásica (ou culta) se non que se trata en cada capítulo de relacionar temas doutras culturas e doutros estilos que poidan ter elementos en común. O último dos temas que aparece no libro para ilustrar a exploración do século XX é o tema One de Metallica. Desta forma ven a comprobarse que todas as músicas manexan os mesmos elementos e que existen moitas máis similitudes das que estamos dispostos a admitir moitas veces... (Esta é unha realidade moi humana que explica grandes paradoxas que se producen neste mundo tan inentilixible).

04. Antwerp Gipsy Ska Orchestra - Suki´s Theme.

Realmente este é deses discos que non se sabe como chegou ás miñas orellas. Supoño que sería a través dalgún foro musical no que sempre hai unha persoa que parece que non haxa un só disco no mundo que non coñeza. A Antwerp Gipsy Ska Orchestra é un grupo de músicos de distintas nacionalidades afincado en Bélxica. Un grupo cunha chea de influencias que debutou co seu primeiro disco no ano 2007 foi toda unha sensación en Bélxica. O título do disco Tuttilegal fai referencia ao "problema" da inmigración ilegal.

05. Nine Inch Nails - 3 Ghosts I.

Pouco coñecía e pouco coñezo a Nine Inch Nails. Aparecen aquí pola súa iniciativa de promocionar o seu novo disco Ghosts i-iv. Hai 5 formatos cos seus 5 precios para conseguir este disco. Gratis, 5, 10, 75 e 300 dólares. En realidade xa só hai 4 opcións, a de 300 dólares xa se agotou. Eu escollín a gratuita. Aparecen 9 temas e información en arquivo .pdf e as carátulas. A de 5 dólares xa inclúe 36 temas. E así vai subindo o nivel do formato ata chegar ao ultra-deluxe edition.

Son os grupos, os artistas os que se atreven a modificar o mercado. E acabarán por cambialo. A industria musical está demasiado obsesionada co pirateo e inmersa na súa inercia comercial non é capaz de darse conta de que o mundo está indo por outros lares.

06. Ataque Escampe - Galicia es una mierda.

Outro grupo que ofrece o seu disco a través de internet é Ataque Escampe (AE). Pódese descargar a través da páxina da Regueifa Plataforma, onde tamén se poden descargar outros discos e outros productos artísticos baixo a licencia Creative Commons . Ataque Escampe ofrece tamén os seus comentarios de cada tema do seu disco, que tamén se pode (ou poderá) mercar nas tendas.

O título, evidentemente retranqueiro, busca tamén un impacto promocional. Dende un punto de vista crítico paréceme ben como cuestionamento de todas as cousas que nos rodean e penso que é necesario ser autocrítico. A letra da canción vai por aí, desmitificando case todo tótem cultural que poideron lembrar. Deixándose de prexuicios e tirando todos os tópicos que non fan máis que lastrar a creatividade (daqueles que teñen creatividade e se sinten acomplexados polo "peso" da cultura). Por aí ben.

Mais cando se poñen a promocionar noto un certo aire de "alternativos guais" que me bota un pouco para atrás. É posible que teñan razón cando din que se dixeran que "España es una mierda", se cadra estarían detidos. Claro, se cadra. Quizais, se cadra tamén, é o que quixeran facer e non se atreven. É como se quixeran estar perseguidos, é como se quixeran ir de rompedores, de revolucionarios, de provocadores... Efectivamente, "España es una mierda", cousa que din os Violadores del verso sen ter que facer ningunha suposición de se dixeran ou deixaran de dicir... se cadra...

Prefiro quedarme coa primeira impresión. E poder dicir iso que xa se está espallando por aí de "eu tamén son unha merda", ou sexa, "yo también soy una mierda", polo que sen temor a trabucarme podo dicir que "Galicia es una mierda" e tamén "España es una mierda" e dende o mesmo punto de vista crítico e autocrítico "El mundo es una mierda".

07. Terela Gradin Quintet - Seven days.

Ando dende hai un tempo querendo facer un programa sobre o jazz na Galiza. Mais parece tarea infinita. Cada vez que achego un pouco os meus oidos e os meus ollos, aparecen máis músicos e máis grupos.

A Terela Gradin coñecina gracias a un programa de jazz ao que estou subscrito. Un jazz moi tranquilo, mirando cara outros lugares. Unha voz moi tranquila, e por veces, suxerente. Este tema é do primeiro disco. Gústanlle moito as versións. O Seven days é un tema de Sting.

Teño ganas de escoitar o segundo disco, 'Pascala'.

Para o programa de jazz podería incluir músicas de Baldo Martínez, Paco Charlín, Roberto Somoza, SOS Trio, Sumrrá, Abe Rábade, Xacobe Martínez Antelo, Pepe Evangelista, Terela Gradín, Alberto Conde, Marcelino Galán, Miguel Cabana, Carmen Rey, Javier Constenla, Nani García, Kin García... Falta alguén? (Por favor, envíamo a curiosoimpertinente@gmail.com).

Realmente un mundo por descubrir, vendo as relacións entre todos eles e cos músicos de jazz e folk tanto de Galiza como de fóra. Todas os proxectos nos que andan metidos, as escolas de jazz, as jam sessions, os locais, os festivais...

08. Paco de Lucía e Manolo Sanlúcar - Sevillanas a 2 guitarras.

Sempre ando coa idea de por o primeiro tema do disco da banda sonora de Sevillanas de Carlos Saura, onde Rocío Jurado canta moi bonito. Pero non sei que pasa que sempre se me cruza outro tema no medio. Neste caso fixéronlle a competencia Paco de Lucía e Manolo Sanlúcar que se atopan no mesmo disco tocando unhas sevillanas flamencas como só eles saben facelo.

Quedará Rocío Jurado para outro momento.

09. Carlos Cano - Niña Isabel.

Á copla en España pásalle como ao fado en Portugal. Os prexuicios non deixan escoitar a boa música como merece. Unha boa, moi boa opción de introducirse na copla pode ser escoitando a Carlos Cano. Escoita, escoita...

10. Charles Mingus - II B.S.

Ano 1963. Grávase en dúas sesións o disco titulado Mingus Mingus Mingus Mingus Mingus. Unha verdadeira xoia de Charles Mingus, un dos grandes da historia do jazz.

11. Eva Castiñeira - A danza.

La Voz de Galicia foi a última en editar este disco gravado en 1981 e que xa estaba descatalogado. O disco de recolleita de Florencio, o cego dos Vilares, o último violinista cego andante, e a pandereteira Eva Castiñeira.

12. Kimya Dawson - My mom.

Chégame unha mensaxe pregutándome se coñezo a Kimya Dawson. E non, non a coñezo. E claro, así como é imposible non pensar nun elefante, cando che din que non penses nun elefante, tamén é imposible que non me poña a buscar quen é Kimya Dawson. E entón entendo o por que da pregunta. Pertence ao chamado movemento anti-folk. Aínda non entendo moi ben de que vai iso do anti-folk, mais vexo que é un movemento que só pensa na diversión. Só, digo, como se non fose máis que suficiente... e necesario. Un movemento que xurde, como non, en estados unidos como contraposición ao folk con carga política dos anos 60 (sempre pensando en EEUU). Música con ansias de experimentación e con grandes doses de retranca que se ri ata de si mesma.

Quedouvos claro? A min tampouco. Pero, oes, gústame...

13. Eliades Ochoa - Estoy como nunca.

No cd, no concerto, no documental de Buena Vista Social Club hai un músico que case pasa desapercibido, pero aí está, como sabendo a dimensión na que os subiu Ry Cooder xunto con Wim Wenders e tendo sempre os pes no chan. Dá a impresión de que o lío non vai con el, se non con todos os músicos que tantos anos estiveron esquecidos e apartados dos seus instrumentos enriba dun escenario. El disfruta vendo disfrutar ao resto de músicos. A impresión esváese cando ten que tocar el, e entón é el o que se esquece de todo e vólcao todo sobre a música. E aí está Eliades Ochoa, con ese orgullo do que só os cubanos son capaces de vivir a pesares de todo.

Estoy como nunca é o mellor tema para rematar este programa. Porque dá igual o ben que se estivera noutro momento. O que importa é agora, e agora estou como nunca.



Non sei moi ben onde pór todos os enlaces pero xa lle buscarei un lugar:

itpc://feeds.feedburner.com/curioso-impertinente
http://curiosoimpertinente.blogaliza.org/
http://podgalego.org/node/238
http://feeds.feedburner.com/~r/Curioso-Impertinente/~6/1
http://curioso-impertinente.neurona.com/
http://curioso-impertinente.podango.com/
http://www.bigcontact.com/player.php?r=0&xmlurl=http://feeds.feedburner.com/curioso-impertinente

martes, marzo 04, 2008

Valdemuller

Valdemuller é unha obra de Neira Cruz.

O CDG fixo unha versión para monicreques.



Parece que todas as actrices que coñecín se puxeron a traballar a un tempo. Raquel Queizás ten unha sensibilidade especial. E eu sei que lle irá moi ben naquilo que se propoña.

Podedes ver o dosier onde se explica, ademáis do elenco artístico e técnico, a elaboración dos monicreques.

Só vendo as imaxes xa apetece ir. Podedes escoller entre varios lugares e datas:

Febreiro

Ourense, no Teatro Principal
Mércores 13. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 14. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 15. Función de estrea. 20:00 horas
Sábado 16. Función. 20:30 horas
Domingo 17. Función. 20:30 horas

Narón, no Auditorio Municipal
Mércores 20. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 21. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 22. Función. 20:30 horas
Sábado 23. Función. 20:00 horas

Tui, no Teatro Área Panorámica
Mércores 27. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 28. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 29. Función. 20:00 horas

Marzo

Pontevedra, no Pazo da Cultura
Mércores 5. Función. 21:00 horas
Xoves 6. Función para institutos. 11:00 horas

Carballo, no Pazo da Cultura
Martes 11. Función para institutos. 10:00 e 12.00 horas

Abril

O Barco de Valdeorras, no Teatro Lauro Olmo
Martes 8. Función para institutos. 12:00 horas
Mércores 9. Función para institutos. 12:00 horas

Valencia, no Teatro Escalante
Domingo 27. Función. 18:00 horas
Luns 28. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas
Martes 29. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas
Mércores 30. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas

Maio

Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal
Xoves 8. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 9. Función para institutos. 11:00 horas

Ribadeo, no Auditorio Municipal
Xoves 15. Función para institutos. 11:00 horas

Vigo, no Centro Cultural Caixanova
Sábado 17. Función. 20:30 horas
Domingo 18. Función.20:30 horas

Ferrol, no Teatro Jofre
Domingo 25. Función.
Luns 26. Función para institutos. 11:00 horas
Martes 27. Función para institutos. 11:00 horas
Mércores 28. Función para institutos. 11:00 horas

John Zorn

Foi a través do twitter de ascárida que descubrín que John Zorn vai estar na Coruña.

Procurei un pouco e din co programa do XIII ciclo de jazz Fundación Pedro Barrié de la Maza (claro que non o atopei na web da fundación barrié de la maza, se non na web de tomajazz).

O ciclo comeza con John Zorn na Coruña. Desta vez non podo perdelo. O único inconveniente é tamén a súa maior vantaxe, é gratis. A ver se hai sitio. Alguén se apunta?

Todos os concertos son gratis, nas sedes da Coruña e Vigo. Quen poidera ir a todos os concertos!!

E este é o programa:

Sábado, 5 abril 2008, 20:30h A CORUÑA
John Zorn Carte Blanche
John Zorn, saxo alto e dirección
Marc Ribot, guitarra eléctrica
Jamie Saft, piano eléctrico
Ikue Mori, electrónica
Trevor Dunn, baixo eléctrico
Cyro Baptista, percusión
Kenny Wollessen, batería
Joey Baron, batería

Sábado, 12 abril 2008, 20:30h A CORUÑA
Richard Galliano and Tangaria Quartet
Richard Galliano, acordeón
Sebastián Surel, violín
Philippe Aerts, contrabaixo
Rafael Mejías, percusión

Martes, 15 abril 2008, 20:30h VIGO
Rhoda Scott Trio
Rhoda Scott, órgano
Ricky Ford, saxo tenor
Bobby Durham, batería

Sábado, 19 de abril 2008, 20:30 h A CORUÑA
Miriam Aida Bossa Acoustic Nonet
Miriam Aida, voz
Fredrik Kronkvist, saxo alto
Mats Anderson, guitarra
Mäns Mernsten, piano
Mats Ingvarsson, contrabaixo
Martin Heap, cavaquinho
Ola Bothzén, percusión
Anders Vestegärd, percusión
Dan Svensson, percusión

Sábado, 26 abril 2008, 20:30h A CORUÑA
McCoy Tyner Trio & invitado especial Joe Lovano
McCoy Tyner, piano
Gerald Cannon, contrabaixo
Eric Kamau, batería
Invitado especial: Joe Lovano, saxo tenor

Martes, 29 abril 2008, 20:30h VIGO
David Kikoski Trio + Jam session con músicos galegos
David Kikoski, piano
Darryl Hall, contrabaixo
Leon Parker, batería

Xoves, 8 maio 2008, 20:30h VIGO
Pepe Habichuela & Dave Holland Sextet
Pepe Habichuela, guitarra
Dave Holland, contrabaixo
Josemi Carmona, 2ª guitarra
Carlos Carmona, 3ª guitarra
Bandolero, percusión
Juan Carmona, percusión

Dupont et Dupond

Recollo da web da nosa terra unha imaxe que resume perfectamente isto dos debates desta campaña electoral.