venres, febreiro 22, 2008

Con la muerte en los tacones

Parece que lles gusta a tecnoloxía aos teatreiros!

Aquí están Victoria Teijeiro (da que xa vos falei), Joan Miquel Reig, Nieves Castells, Raquel Romero, e a que me envía o vídeo Ana López (unha moi cariñosa amizade saída de tragaleguas).



Unha producción de Sala-lalá teatro, un grupo saído das tres rapazas que levaban a sala lalá.

martes, febreiro 19, 2008

Podcast.


Dende hai un tempo ando coa idea de facer do curioso impertinente un verdadeiro podcast, de maneira que calquera se poida subscribir ao programa, descargalo e escoitalo cando lle pete sen ter que estar conectado a internet e no reproductor que lle dea a gana.

Desta forma estiven formando un arquivo mp3 con cada programa para que realmente isto sexa un podcast.

Sigo coa mesma filosofía de facer que a música se escoite con bastante calidade, polo que ocupa bastante espacio, entre uns 50Mb e 80Mb dependendo do longo de cada programa.

Polo momento só se poden descargar 2 programas, os dous últimos. A miña intención é facer que se poidan ir descargando todos os programas xa feitos e ir facendo os novos desta forma. Ademais da forma habitual ata o momento.

É moi posible que inclúa algunha locución, pero iso xa se verá.

Os lugares onde se pode subscribir ao podcast son:

http://feeds.feedburner.com/curioso-impertinente

http://curioso-impertinente.podango.com

Para descargar os programas directamente dende o iTunes, que se pode descargar de balde, tan só tes que pinchar neste enlace:

Incluirei esta forma de subscrición na cabeceira do blog.

Desta forma tamén se poden descargar outros programas de radio:

Sinsal audio radio: http://www.sinsalaudio.org/radio/
Mapamundi (programa de radio círculo): http://mapa.podomatic.com/

Tamén o meterei dentro do propio espazo do iTunes, ao modo deste programa de jazz: http://phobos.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewPodcast?id=211204319

Decidín mudar a sintonía e facer que sexa este o tema que haxa que adiviñar. En canto alguén o adiviñe cambiarei a sintonía. Supoño que no próximo programa xa se escoitará.

Tamén terei que facer unha visita a podgalego.

A ver que me trae todo isto.

Algunha suxerencia? Algunha pregunta? Algo que me dicir?

martes, febreiro 05, 2008

luns, febreiro 04, 2008

Desde lo invisible.

Non lembro moi ben como coñecín a José Manuel. Creo que foi a través de Roberto. Aínda que bastante tempo despois, o propio José Manuel me chamou para ir tocar cunha compañía de teatro nunha presentación de viños en Jumilla. Poucos meses despois a compañía Tragaleguas contratábame como músico. Na mesma compañía estaba Victoria Teijeiro. Grande actriz, con moita enerxía. Tamén con moito corazón.

Victoria Teijeiro e José Manuel Pizarro participaron na creación e na interpretación da obra 'Desde lo invisible' coa compañia Quintana Teatro. Unha obra moi boa, cunhas interpretacións enormes. Dúas actrices impresionantes que te deixan sen palabras. E que dicir de José Manuel? que saca música das pedras (literalmente!).

Desde lo invisible está nominada nos premios Max como mellor obra revelación.

Os premios entréganse hoxe.

Déixovos uns vídeos como mostra, pero non dubidedes en velos en canto se vos presente a ocasión.