luns, febreiro 04, 2008

Desde lo invisible.

Non lembro moi ben como coñecín a José Manuel. Creo que foi a través de Roberto. Aínda que bastante tempo despois, o propio José Manuel me chamou para ir tocar cunha compañía de teatro nunha presentación de viños en Jumilla. Poucos meses despois a compañía Tragaleguas contratábame como músico. Na mesma compañía estaba Victoria Teijeiro. Grande actriz, con moita enerxía. Tamén con moito corazón.

Victoria Teijeiro e José Manuel Pizarro participaron na creación e na interpretación da obra 'Desde lo invisible' coa compañia Quintana Teatro. Unha obra moi boa, cunhas interpretacións enormes. Dúas actrices impresionantes que te deixan sen palabras. E que dicir de José Manuel? que saca música das pedras (literalmente!).

Desde lo invisible está nominada nos premios Max como mellor obra revelación.

Os premios entréganse hoxe.

Déixovos uns vídeos como mostra, pero non dubidedes en velos en canto se vos presente a ocasión.





Ningún comentario: