luns, agosto 25, 2008

Governe quem governe, Galiza nom se vende

Governe quem governe, Galiza nom se vende

Este é o lema da festival da poesía de Salvaterra de Miño deste ano 2008.

Entérome de que xa se sabe o programa pola mensaxe no myspace que deixaron corvos, un dos grupos participantes:

Quinta-feira 4 de Setembro

19.30
Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

Pintura
- Fernando Morales
- Helena Ayape Guisán

Fotografia
Germán Cruces Rajoán: ‘Percurso do rio Minho’

Instrumentos tradicionais

Mostra
Igor Lugris: 'Poesia para ver, poesia para ler'

20.00
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Mabel Rivera e Enrique Banet: ‘O salário do silenzo’
Xosé Bocixa: ‘As Encrobas. A ceo aberto’

22.30
Noite galega
Covas de Dona Urraca
Tino Baz e Grupo
Poeta: Marica Campo
-Aforo limitado
-Entrada 10 €
- Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org ou 986 658 036

Sexta-feira 5 de Setembro

20.30
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
GZ Vídeos: selecçom de vídeos de Galiza Nom Se Vende
Sants.tv: ‘O AVE de Barcelona a Galiza’
Curtas premiadas no Festival de Cans

22.30
Festa da Mocidade
ZONA DAS MURALHAS
Apresentam Os da Ria

POETAS
- O Leo
- Kiko Neves
- Carlos Figueiras
- Valentina Carro
- María Lado

GRUPOS
- Ataque Escampe (Galiza)
- The Turre´s Band (Galiza)
- Os Corvos (Portugal)
- O Sonoro Maxín (Galiza)


Sábado 6 de Setembro

11.30
Marcha popular
- Murga: Sur do Condado (??? E non será Os seis do Condado?)
- Gaiteiros: Bailía
- Animaçom de rua: Touporroutou
- Comboio de baixa velocidade

12.30
Mesa Redonda
-Colectivos da rede 'Galiza Non Se Vende'

Feira Popular

Artesanato ao vivo
- Cesteiros, cabaqueiros, tamanqueiros...

17.30
Festa infantil
PRAça do castelo
- Touporroutou

19.30
Festival Poético-Musical
ZOna das muralhas

- Apresentam Luis Caruncho e Pinto d’Herbón

Poetas
- Xiana Árias
- Pedro Casteleiro
- Paco Souto
- Concha Rousia
- Cruz Martínez
- Alberto Lema
- Igor Lugrís
- Lino Braxe
- Chus Pato
- Pilar Beiro
- Núria Martínez Vernís (Països Cataláns)
- Limam Boicha (Saara)
- Isaque Ferreira (Portugal)

Grupos
- A Quenlla (Galiza)
- Canto da Terra (Portugal)
- Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)
- Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)

venres, agosto 15, 2008

A procura.

Moi boas, Miguel.

Antes de contestarche quixen obter máis información pois a charla do MARCO despistoume aínda máis. Por iso este retraso na miña contestación. Agora teño o libro de Alonso Montero e xa falei co meu curmán, que é o que sabe do tema.

A charla-coloquio comezou con moita intensidade. Cando cheguei xa había xente sentada nas cadeiras da sá e estaban a miña tía e a miña curmá de pé e rodeadas de xente. Eran os organizadores da mostra que se sentían encantados de ter familiares de Angelina entre o público. Eu tentei quedarme ao marxe, pero en canto me saudou a miña tía alí que veu o director da mostra e preguntoume como soubera da charla, que se estiveran investigando, que se procuraran aos familiares e só toparan a unha sobriña de Pepe... Eu pensei para min que non se lles ocorrera buscar a ningún familiar de Angelina, só tiñan que ir a Leirado e preguntar, e había familia de sobra... Pero iso non é o importante.

Eu ía cun motivo diferente á charla. Eu quería saber algo máis da tía Angelina. Para min sempre foi un misterio, e supoño que o seguirá sendo.

Na charla falaron Antonio Alonso Fontán, a persoa que recibiu de Angelina a carta. Falou de finais dos anos sesenta. Ela esperou á persoa a quen darlle a carta, quixo entregarlla á persoa adecuada. Era moi consciente do que tiña entre as mans. E isto significa que gardou a carta durante corenta anos. Esta foi a miña primeira sorpresa. Eu pensaba, erroneamente, que lla dera pouco despois de que Pepe fora asasinado. Era perigoso ter a carta.

Despois falou Carlos Núñez (o pai) e fixo un discurso moi emotivo, como preso do cárcere onde foi escrita a carta e agora se exhibía no mesmo lugar reconvertido en museo. Unha intervención con moita forza, na que resaltou a maneira de vivir no cárcere e como todos os sentidos se agudizaban. Os movementos, os dicires, as actitudes...

Por último tocoulle a Alonso Montero, que incidiu moi certeiro en que Pepe non era unha persoa que fose á guerra presta a morrer na loita. Como outra moita xente Pepe só quería vivir e non se ten constancia de que estivera en ningún grupo político. Supoño que cando se poida ter acceso ao arquivo de Salvaterra poderase saber que ocorreu, aínda que son moi reacios "porque vive aínda xente implicada". E despois contradeciu a Alonso Fontán no seu recordo de como lle contara a entrega da carta. E leu un fragmento do seu libro "Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-20006)":

José Domínguez González ¿foi comunista?

O 8 de Febreiro de 1937, desde a prisión de Vigo, escríbelle a Angelina Estévez, a súa noiva, natural e veciña, coma el, de Leirado (Ponteareas). É a carta dun condenado a morte. Reproducímola enteira:

... ...

Pretiño de Leirado está a aldea de Meder onde naceu e vive Antonio Alonso Fontán, un dos cidadáns galegos de máis interese e singularidade: labrador e poeta, axitador social e martelo de caciques. Xa era na comarca, antes da morte de Franco, "o roxo", "o herexe" e tamén "o comunista" (aínda que nunca militou no partido). Angelina, que nunca o tratou, oía, oía e calaba, pero un bo día, pouco despois da morte de Franco, vai a Meder á procura de Antonio Alonso Fontán, "o herexe". Atópao, cun libro na man, alindando as vacas. A relación de Angelina con Antonio era mínima: vérense, moi poucas veces, nun enterro ou na feira e saudáranse sen máis. Pero Angelina sabía moito de Antonio, tanto que, nese día, pouco despois da morte de Franco, procúrao, atópao e, case sen mediar palabra, pon nas súas mans un sobre que contiña unha carta manuscrita. Xa entregada, tatexa unhas palabras, bótase a chorar e vaise. Non tardou en morrer. Minutos despois, Antonio, conmovido, descobre que era herdeiro dun tesouro moral e literario.

...

Leu máis e no libro veñen máis verbas (empréstocho cando queiras), pero estas son as que me deixaron máis confundido. Primeiro, Meder e Leirado son dúas parroquias do concello de Salvaterra de Miño. Non é de estrañar que non atoparan a ninguén, se foron á procura en Ponteareas (aínda que se buscasen na túa casa haberían de atopar quen lles dese información). E segundo porque Angelina non morreu ata os anos noventa. É maís. Ao meu curmán gústalle moito a historia e sempre andou indagando. Desta forma descubriu que A Nosa Terra publicara varias cartas de fusilados da zona de Leirado e foi ensinarllas á miña avoa. Coa miña avoa estaba a súa irmá, Angelina. O meu curmán deuse conta nese momento que había unha carta destinada a Angelina e comezou a lela. Angelina ergueuse e comezou a dicir palabra por palabra toda a carta. Imaxina a sorpresa e a emoción do meu curmán nese momento. Tal foi así que falando o outro día con el comentoume: -Lembras como era a tía Angelina? Sabes como era con nós. Pois ese día pediume que lle fixera unha fotocopia á carta e deume 500 pesetas!

A verdade é que isto era para contar na charla. Angelina chegou a saber que a carta tivera transcendencia. Morreu sabendo que lle dera a carta á persoa adecuada e a carta volveu ás súas mans en forma de fotocopia. Eu penseino, mais non sabía exactamente como fora toda a historia e como non se estaba a falar da miña familia non quixen entrar a desmentir o que se estaba contando. Ao fin e ao cabo o importante era a carta nese momento. A charla xiraba arredor da carta, non da miña tía. Foi unha mágoa que non acudira o meu curmán, pois el si puido falar con todo o coñecemento.

Despois xorden dúbidas, como que unha vez que a carta fora distribuída en fotocopias por unha chea de mans non foi de volta á súa dona lexítima. De todos os xeitos, Angelina soubo moi ben a quen lle entregaba a carta, e abofé que deu coa persoa adecuada.

Segue habendo moito misterio na vida da tía Angelina. Eu nunca a entendín (creo que ningún dos curmáns) e realmente ninguén nos contou nunca nada. Vou sabendo máis cousas, como que despois tivo un fillo de solteira e deixoullo ao seu pai mentres ela ía traballar a Francia (quizais París?). Din que o abandonou. De cando en vez pregunto, - E a tía Angelina? - Era unha muller amargada (con mirada medio perdida).

Aínda viven irmás súas, e o seu fillo, e os seus netos, e todo o resto da familia, pero creo que aínda que de verdade investigaran e chegaran a falar con algún deles, pouca información ían ter. É unha sensación como de non saber, non querer saber, querer esquecer...

E aí vai de momento o último capítulo desta historia que conforma un entendemento de moitas situacións que nunca se entenderán nin nunca se saberán.

Unha aperta.

martes, agosto 12, 2008

A conta atrás

Levou tempo pero por fin aquí está o cómic de Carlos Portela (guión) e Sergi San Julián (ilustracións). Un cómic baseado no desastre do Prestige moi ben levado, nunha historia que comeza un ano despois do afundimento e vai tirando para atrás no tempo ata chegar ás eleccións municipais do 2003, onde poucos se salvan da crítica.

Ven prologado por Manuel Rivas e cunha entrevista no final aos autores, feita por Álvaro Pons. Quédome cunha frase do Sergi: "É un pobo (o galego) incrible, pero teñen unha forma de ser -hanme matar por dicir isto- un pouco autodestructiva..."

Terá unha segunda parte, que quen o leu di que aínda mellora a primeira parte. Non teriades que fiarvos da miña opinión cando digo que me gustou moito este cómic e que espero a segunda parte con moitas ganas. Xa o lin un par de veces e vaise descubrindo como está moi ben estruturada, moi ben pechada. Non vos fiedes de min pero hai quen di que é o mellor cómic do ano. E aínda tamén o din por aí diante.

A conta atrás presentarana o día 13 de Agosto na Coruña no Viñetas desde o Atlántico, do que tamén hai quen di que é o mellor salón de cómic de España.

sábado, agosto 02, 2008

Bernstein: Concertos didácticos.

Hai uns anos atopei no apartado de música dunha grande librería o libro El maestro invita a un concierto: Conciertos para jóvenes, de Leonard Bernstein.

O libro é unha escolma dos concertos didácticos que Bernstein ofreceu no Carnegie Hall para a televisión estadounidense acompañado pola Orquesta Filharmónica de Nova Iorque entre os anos 1958 e 1969. O libro apaixonoume:

EL MAESTRO INVITA A UN CONCIERTO
Capítulo 1. ¿Qué significa la música? Concierto n° 1: 18 de enero de 1958
Capítulo 2. ¿Qué hace que una música suene a "americana"? Concierto n° 2: 1 de febrero de 1958
Capítulo 3. ¿Qué es la orquestación? Concierto n° 3: 8 de marzo de 1958
Capítulo 4. ¿Cómo se hace la música sinfónica? Concierto n° 4: 13 de diciembre de 1958
Capítulo 5. ¿Qué es la música clásica? Concierto n° 5: 24 de enero de 1959
Capítulo 6. El humor en la música. Concierto n° 6: 28 de febrero de 1959
Capítulo 7. ¿Qué es un concierto? Concierto n° 7: 28 de marzo de 1959
Capítulo 8. Música folclórica en la sala de conciertos. Concierto n° 15: 9 de abril de 1961
Capítulo 9. ¿Qué es el impresionismo? Concierto n° 16: 1 de diciembre de 1961
Capítulo 10. ¿Qué es una melodía? Concierto n° 21: 21 de diciembre de 1962
Capítulo 11. ¿Qué es la forma sonata? Concierto n° 28: 6 de noviembre de 1964
Capítulo 12. Un homenaje a Sibelius. Concierto n° 31: 19 de febrero de 1965
Capítulo 13. Átomos musicales: un estudio de los intervalos. Concierto n° 32: 29 de noviembre de 1965
Capítulo 14. ¿Qué es un nodo? Concierto n° 36: 23 de noviembre de 1966
Capítulo 15. El "viaje" de Berlioz. Concierto n° 46: 25 de mayo de 1969
Listado cronológico de los "Conciertos para jóvenes"
Biografía de Leonard Bernstein
Agradecimientos
Índice onomástico y de obras


Comecei entón a busca dos vídeos dos concertos. Mais foi imposible. Non existían. Ata que un día atopei uns vídeos VHS en amazon.com, pero estaban esgotados. Seguín na procura, preguntando en todos os lugares que podía. E foi precisamente no mesmo lugar onde atopei en formato DVD as gravacións dos concertos: Leonard Bernstein - Young People's Concerts / New York Philharmonic (1961). Merqueinos sen pensalo. Non podía deixar pasar tal documento.

Pensei en facer visionados conxuntos cuns amigos tan tolos pola música coma min, seguindo os vídeos co libro, e escoitando os exemplos musicais. Nunca chegamos a facelo (aínda que todo pode ser aínda).

Estas gravacións emitíronse tamén pola televisión española nos anos oitenta e había por aí xente que os gravara. Nunca me foi posible conseguir estos vídeos.

Xa non pensaba nestes vídeos cando apareceu unha pregunta sobre eles no foro de abcmusicos. Unha das contestacións lévanos a Nos vemos en el blog, da profesora de música de secundaria Marian. Alí descubrín tamén que subira ao youtube algúns destes vídeos, ademáis de deixalos para poder descargar no propio blog.

Só podo dicir, GRACIAS Marian!!!

Escollo o concerto número 8 para que poidades ver aquí: Música folclórica en la sala de conciertos (1961).