Antes de ler o libro de Rivas, pasei polos meus ollos o libro de Meixide.
O home inédito pódese descargar en pdf e está baixo licenza Creative Commons. Tamén se pode mercar.
O formato en papel é ideal para ler mentras se viaxa. Realmente un formato moi cómodo.
Libro entretenido, moi fresco e dinámico onde se mesturan pasado e presente a cada capítulo. Historia entre Santiago, Coruña e New York onde o inglés, o castelán, o galego e o portugués conviven sen ningún problema. Incluso aparece o coreano de forma indirecta e o coruño, ás veces difícil de entender.
Por algo che gustou tanto a ti, por algo mo emprestaches. Graciñas.
1 comentario:
eu alégrase moito de que o gozases (como lle din agora que o corpo se confunde coa mente, grazas ás normas, mira ti)
por algo sería, claro, esperto!
prazer
Publicar un comentario