martes, novembro 20, 2007

08. Silencio


Shhhhhh....!!! Silencio.

O silencio non existe.

...

Todo o programa ten que ver co silencio. Porque non hai voces, ou porque hai silencios que fan música, ou porque definen o silencio, ou porque deixan sen palabras, ou...

(Silencio irase actualizando con vínculos e pequenos, moi pequenos, comentarios, a modo, caladamente...)

01. Pablo Seoane - Alborada da Ulla.

Dous discos de gaita (Pablo Seoane) e só gaita (Juanjo Fernández) chegaron ás miñas mans. Os dous comezan con alborada. Escollo esta, como podería escoller a de Juanjo, porque me deixa sen palabras. Non podía comezar doutro xeito que cun canto ao sol que esperta.

02. Herbert Henck - Música Callada (Mompou).

Música calada. Música silenciosa. Música para limpar os oídos.

(Algún día falarei da música que utilicei para estudiar. Era piano, como esta, para concentrarme e non escoitar os ruidos da rúa sen que me descentrara do estudio. Unha música para estar en silencio)

03. Germán Díaz - A Fuentes, claro.

Germán é un músico polifacético, cheo de recursos, incrible. Na súa viaxe xirada de manivelas deixa pérolas coma esta. Unha visita á súa web deixa ben clara a súa forma de facer.

04. Itzhak Perlman/Seiji Ozawa - Tzigane (Ravel).

'Escuchar', Fernando Palacios: 'En la introducción del violín solo de la Tzigane, Ravel separa cada uno de los diseños que configuran la melodía con silencios siempre diferentes, con el afán de que a cada expresión sonora le corresponda su tiempo exacto de silencio.'

05. Toques de campanas en las catedrales de Castilla - Toque del patrón (Óscar Rodriguezz e F. Javier Coble).

Catedral de Valladolid. De todos os toques este é un dos poucos que non aparece a frase de 'toque automatizado'. Son con mensaxe, son comunicativo. Música viva, poderosa. Ante o son das campanas só se pode escoitar.

06. B.A.C. - Azul.

Baldo Martínez, Alejandro Pérez e Carlos "Sir Charles" González son os tres músicos deste marabilloso trío de jazz, onde escoitar aos demáis é indispensable.

Comezo os comentarios por aquí para criticar a actitude da (case) única tenda de discos de Vigo, Elepé. Pregúntolle polo último disco de Baldo Martínez, o proxecto Minho, e contéstame con cara de poucos amigos que non sabe nada dese disco, que ninguén llo foi ofrecer. Eu atrévome a preguntarlle se o pode conseguir. -Pero non che dixen que ninguén mo veu ofrecer?

Unha tenda que só vende o que lle ofrecen? Unha tenda que non coida aos seus clientes. Case estiven por ofrecerlle o teléfono de Baldo para que lle preguntara, pero marchei dalí sen ganas de volver. (Moi ruidoso este comentario, moi ruidoso).

07. Bassekou Kouyate & Ngoni ba - Segu Blue.

O único tema do disco de Kouyate onde non se canta, onde só se escoita o ngoni. E non será que o blues naceu en África?

08. Arvo Pärt - Tabula Rasa.

O tema central deste programa. O que lle da todo o sentido. O silencio está definido en toda a súa extensión aquí.

Arvo Pärt, un compositor para desfrutar de vagar.

09. Nova Galega de danza - O bicho.

Os músicos de Nova Galega de Danza calan para que se escoite aos danzantes.

10. Antonin Dvorac - Los Bosques Silenciosos (Para Violonchelo e Orquesta Op 68 Nº5).

Do libro de Fernando Palacios, Escuchar, saquei a idea (copia descarada e literal) de facer unha colección de silencios. Esta colección conta coa incrible cantidade de 1 silencio. Foi tan máxico que parece que non houbo ningún outro que poidera acompañalo. E aí quedou o caderno, cheo de silencio. Esa idea aparece no capítulo que se titula 'Silencio, el silencio'. Practicamente foi este artigo o que me chamou para mercar o libro. Entre 'Escuchar' e 'Silencio' podería facerse a grande lección de música para calquera que pretenda ser músico. Neste artigo aparecen varias recomendacións que aproveitei, grazas á lembranza que me fixo Isabel, para este programa.

Di o libro: 'Ante la alienante saturación sonora de nuestro espacio, omnipresente recordatorio de la estructura social en la que vivimos, se impone el silencio interior. Las personas que van leyendo concentradas en el tren, metro o autobús parecen encerradas en una burbuja de silencio que las separa del ruido exterior. "Sólo cuando hacemos el silencio dentro de nosotros podemos gozar de la música. Sólo cuando sentimos la música dentro de nosotros podemos escuchar el silencio", oí decir al musicólogo Pepe Rey en un programa de radio. Sí, el silencio es la otra cara, el complemento que acecha por detrás de la música.'

11. Jonh Zorn - Hazor.

John Zorn non é a primeira vez que aparece por aquí, nen será a última.

12. Renaud Garcia-Fons & Jean-Louis Matinier - Le Byzantin.

No Imaxinasons tiven ocasión de escoitar a estos dous músicos. Músicos que fan música do silencio dos seus instrumentos.

Vigo, unha cidade chea de momentos musicais. Agora mesmo está en marcha o festival Are-More onde se pode desfrutar do ciclo de músicas para o silencio, cine mudo con acompañamento de música en directo.

13. Este tema déixoo para que o adiviñedes, o procuredes, para que me digades que é e quen é.


---------------------------------





6 comentarios:

O Fuco dixo...

...e sera Crema de gaita?

miriño dixo...

É.

O tema que lle da título ao disco.

Tangalego.

Anónimo dixo...

Ben,farei un comentario o mais breve posible,pq non e este o blog onde corresponde.
Son compatriota teu,pero que como diria Siniestro Total "a una isla del caribe he tenido que emigrar",e vou bastante por Venezuela.Escribo porque miro os teus comentarios moitas veces no blog de Okrim.Molestome en escribirche porque semellas unha persoa de boa vontade,pero bastante desinformado.
Sinto decircho pero no que respecta a Venezuela non tes nin idea. Vieiros que pos ti nun comentario ali como exemplos de informacion alternativa aos media dominante non o son,son socialdemocratillas sen mais. Si queres outra version tes aporrea.org,rebelion.org,kaosenlared.org,e mesmo de venezuela ultimas noticias,vea venezuela,vtv ou telesur. Trabucaste tamén cando falas de pq okrim coida que ti podes estar mais manipulado polos medios que el,e moi sinxelo, fora de Venezuela todolos medios estan contra Chavez(si si vieiros na maior parte dos casos tamen).Pero a diferencia e que en Venezuela a maior parte dos medios tamen estan contra o goberno,velaí,a mostra mais clara do teu descoñecemento da situación,falas como si en Venezuela a maior parte dos medios estivesen co goberno e os Venezolanos recibisen so esa versión,mentras que no estado español si que se recibe unha soa versión no que a Venezuela se refire.E bueno contestaria a moitas outras cousas das que dis como que a xente sabe o que debe elexir sempre no goberno(demasiados anos tivemos a fraga),ou o feito de que ser elexido polas urnas conceda a ninguen inmunidade moral(non me semella respetable,nin hitler, nin bush,nin aznar).
Bueno e non me lio mais que non e o lugar,mais non sabia onde aclararche un pouco as cousas.
Saudos dende o caribe.

P.S. A desconfianza en todos,so sirve para que as cousas nunca muden,pq ninguen faremos nada.En que non hai ninguen perfecto empezando por Chavez supoño,que Okrim e eu tamen coincidimos contigo.

Anónimo dixo...

Atopei este blog a través do antigo blog de Wilde, Enkadenados. Estou dacordo en que o silencio é importantísimo e que é algo en perigo de extinción nunha sociedade tan ruidosa coma na que vivimos. Éncántame Madredeus.

Saudos.

miriño dixo...

Iago, contéstoche no blog de Okrim. Penso que é o sitio onde falar destas cousas.

E xa que citas a Siniestro... tamén dicían:

"Tú serás del celta, yo del deportivo..."

miriño dixo...

Manuel: Wilde non existe xa.... coma o silencio...

Encantado de que te pases por aquí e desfrutes coas mesmas cousas coas que desfruto eu...

Estamos na sociedade da imaxe. Mais esta vai acompañada de demasiado son, e moitas veces sen descanso. Parece que non podemos sentir a soidade, que o barullo nos impide estar con nós mesmos.