Levou tempo pero por fin aquí está o cómic de Carlos Portela (guión) e Sergi San Julián (ilustracións). Un cómic baseado no desastre do Prestige moi ben levado, nunha historia que comeza un ano despois do afundimento e vai tirando para atrás no tempo ata chegar ás eleccións municipais do 2003, onde poucos se salvan da crítica.
Ven prologado por Manuel Rivas e cunha entrevista no final aos autores, feita por Álvaro Pons. Quédome cunha frase do Sergi: "É un pobo (o galego) incrible, pero teñen unha forma de ser -hanme matar por dicir isto- un pouco autodestructiva..."
Terá unha segunda parte, que quen o leu di que aínda mellora a primeira parte. Non teriades que fiarvos da miña opinión cando digo que me gustou moito este cómic e que espero a segunda parte con moitas ganas. Xa o lin un par de veces e vaise descubrindo como está moi ben estruturada, moi ben pechada. Non vos fiedes de min pero hai quen di que é o mellor cómic do ano. E aínda tamén o din por aí diante.
A conta atrás presentarana o día 13 de Agosto na Coruña no Viñetas desde o Atlántico, do que tamén hai quen di que é o mellor salón de cómic de España.
2 comentarios:
Moi interesante. O de que poucos se salvan da crítica despertou en mín total curiosidade. Trataré de leelo.
Un saudiño,
Pois xa me contarás se che gustou...
Saúdos.
Publicar un comentario