sábado, novembro 14, 2009

Clásicos del humor

Non pensaba eu alá por Xaneiro que, cando merquei o primeiro tomo da colección de Clásicos del humor adicado a Mortadelo y Filemón, tería hoxe nas miñas mans o tomo adicado a La familia Trapisonda y otros personajes familiares sen que se me quedase atrás ningún tomo da colección.

Unha colección aínda por desfrutar. Mais estou seguro que será o un refuxio estupendo neses momentos nos que non hai, ou non apetece, nada que facer.

Parece que RBA está empeñada en recuperar gran parte do arquivo do cómic español, que sempre estivo presente e nunca se lle fixo caso.

Non é a miña intención debullar a colección e os contidos, isto xa o fixeron outros con moita máis adicación. En http://clasicosdelhumor.wordpress.com/ é onde se pode atopar toda a información sobre a colección e o que outras webs e blogs din sobre ela. Fálase dos contidos, das imaxes, das técnicas de escaneo, de títulos que non aparecen, fanse portadas alternativas e portadas posibles, etc, etc.

O nome que sobresae por riba en todos os comentarios, en todas as anotacións é o de Antoni Guiral, o impulsor desta colección e tamén dos proxectos Cuando los cómics se llamaban tebeos, Los tebeos de nuestra infancia e Del tebeo al manga, una historia de los cómics. Sen ningunha dúbida hai que agradecer a enorme sabiduría de Guiral sobre o cómic e a súa teima de levar adiante estes impresionantes proxectos.

bruguera

Ningún comentario: