martes, febreiro 19, 2008

Podcast.


Dende hai un tempo ando coa idea de facer do curioso impertinente un verdadeiro podcast, de maneira que calquera se poida subscribir ao programa, descargalo e escoitalo cando lle pete sen ter que estar conectado a internet e no reproductor que lle dea a gana.

Desta forma estiven formando un arquivo mp3 con cada programa para que realmente isto sexa un podcast.

Sigo coa mesma filosofía de facer que a música se escoite con bastante calidade, polo que ocupa bastante espacio, entre uns 50Mb e 80Mb dependendo do longo de cada programa.

Polo momento só se poden descargar 2 programas, os dous últimos. A miña intención é facer que se poidan ir descargando todos os programas xa feitos e ir facendo os novos desta forma. Ademais da forma habitual ata o momento.

É moi posible que inclúa algunha locución, pero iso xa se verá.

Os lugares onde se pode subscribir ao podcast son:

http://feeds.feedburner.com/curioso-impertinente

http://curioso-impertinente.podango.com

Para descargar os programas directamente dende o iTunes, que se pode descargar de balde, tan só tes que pinchar neste enlace:

Incluirei esta forma de subscrición na cabeceira do blog.

Desta forma tamén se poden descargar outros programas de radio:

Sinsal audio radio: http://www.sinsalaudio.org/radio/
Mapamundi (programa de radio círculo): http://mapa.podomatic.com/

Tamén o meterei dentro do propio espazo do iTunes, ao modo deste programa de jazz: http://phobos.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewPodcast?id=211204319

Decidín mudar a sintonía e facer que sexa este o tema que haxa que adiviñar. En canto alguén o adiviñe cambiarei a sintonía. Supoño que no próximo programa xa se escoitará.

Tamén terei que facer unha visita a podgalego.

A ver que me trae todo isto.

Algunha suxerencia? Algunha pregunta? Algo que me dicir?

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois de entrada, norabóa polo podcast. Saúdos.

Anónimo dixo...

Jomío, da gusto lo fácil que nos lo pones. Música güena, güena a un toque de click.

Los que no hayáis probado lo de Itunes, es un punto.

Qué currao, pichita, qué bien.