No blog, medio-irmán deste, adicado á música
klezmer entérome de que o próximo día 29 de Abril vai haber na casa do libro de Vigo unha charla coloquio sobre o klezmer.
Esta charla está organizada pola
AGAI. Presentará
Pedro Gómez-Valadés e falará
Piotr Grudzien, violinista polaco ao que lle desexo moita sorte no seu proxecto de grupo klezmer na Galiza.
Máis
información.
Eu non penso perderma. Quen se apunta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario