martes, abril 08, 2008

Metropolis



Dun tempo para acá, recibo no meu mail, ou no meu teléfono móbil (ou fixo), ou falando en persoa, proxectos de xente que pertence á miña vida. Parece que se puxeran dacordo para facer cousas interesantes.

Neste caso trátase de Marcos. Está metido nun proxecto, Metrópolis, que consiste en que reporteros de diversas partes do mundo fagan unha reportaxe falando do mesmo tema.

A Marcos coñecerédelo os que pasastes pola miña (nosa) casa cando vivía en Lavapiés. :)

Avisa de que haberá temas mellores e aconsella que nos pasemos pola páxina de cando en vez para ver se hai actualizacións. Farémolo... Polo menos eu!

De momento déixovos coa súa reportaxe:






Hai máis de máis países en MetropolisTV.

2 comentarios:

O Fuco dixo...

Descúlpeme vostede, pero... véxome na obriga de indicarlle que o tema "academicista apocalíptico" deste programa está errado. O título do mesmo é Enter Sandman, canción incluída no "álbum negro" de Metallica e non One incuída no "...And justice for all" do susodito grupo. Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.

miriño dixo...

Ummm... FunambulistaCoxo contéstame vostede nun post que nada ten que ver co programa de radio ao que se refire... Programa que claramente vostede non escoitou.

Se escoita vostede o programa darase conta de que Apocalyptica interpreta 'One'. O tema Enter Sandman é o tema que sae no vídeo.

Non hai erro entón. Nin tampouco academicismo.