Escoitando o programa do 25-10-2007, atópome cunha sorpresa.
O programa está adicado a Rusia e países satélites (dicíase así, non é?). Case ao final do programa aparece o grupo Mervent, grupo que se dedica a tocar música celta. Non me gusta esta etiqueta, pero é a que utilizan no propio programa. (Tal vez algún día falemos da inexistente música "celta"). Aquí está Mervent.
A Foliada dos Morenos de Lavadores. Nada máis e nada menos.
Pícame a curiosidade e comezo a bucear. Non aparece nada de Mervent no blog, mais si aparece un dos membros do grupo, Valery Novgorod, que (como non?) ten outro blog cunha chea de músicas, pero nada do grupo Mervent. Sen embargo aparece unha etiqueta de Galicia e aparece un grupo que non coñecía Kadril & Alumea. Ten as etiquetas de Belgium, folk, folk-rock, Galicia, Spain. A saber que pode sair daí. Xa veremos. Tal vez estes dous grupos compartan músicos, ou algún(s) sexa(n) galego(s)...
(Actualización: Resulta que non era un grupo. Son dous, Kadril por un lado e Alumea por outro.)
Ao que ía... Os Morenos de Lavadores en Rusia. Globalización total e absoluta.
2 comentarios:
Tienes razón sobre lo "celta" pero hay ya tantas y tantas etiquetas...
sobre mervent:
http://babeblogue.blogspot.com/2007/09/mervent-mervent-2-2003.html
http://sharebee.com/985b4d81 - Mervent live cd1
http://sharebee.com/2ead4c0e - Mervent live cd2
no se si habrá algún link activo...los de magaupload seguro)
sobe los gaiteros(palabras de valery n.):
Los Gaiteros de Moscu it was a side-project of musicians from Mervent Vladimir Cherepovskiy (wistles, flutes, gaita, wind instruments) and Victor Kraev (bass, gaita, clarinet). When we recorded they were still in Mervent and now they are not.š But we are friends:)š
Un saludo!
Moitas grazas pola túa aportación, alonsii.
Estaría ben discutir algún día sobre 'o celta'. :)
De seguro que terei máis sorpresas na escoita dos teus programas. Aínda que o meu ritmo vai pouco a pouco...
Publicar un comentario