luns, setembro 17, 2007

Persépolis

Persépolis é a obra máis coñecida de Marjane Satrapi na que conta a súa vida en Irán.

Eu coñecín esta obra gracias á de Alxén que me avisou de que ía saír nunha colección de El Pais. Aí merquei os dous primeiros números. Despois merquei os dous seguintes na edición de Norma.

Máis tarde saíron os catro nun só tomo en catalán e en español ao ano seguinte, con catro páxinas máis en cor.

Algo teño na cabeza de que ía saír en galego, pero non sei se é verdade.

O que me lembra unha amiga hoxe é que Persépolis é xa unha película:


E haberá que estar atentos para ir vela ao cine. Será posible vela nalgún cine de Vigo? Será posible vela NALGÚN cine?

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Tal e como funciona a BD de un tempo a esta parte e agardo que se estree en pantallas abondo como para que se poida ver só con estar algo atento.

Eu tamén gostei de Persépolis e hai unha obriña chamada pollo con ciruelas que tamén me gustou, ainda que é algo mais intimista e poética.

miriño dixo...

Pollo con ciruelas gustoume moito. Tocoume máis de preto, sentina como máis miña. Amor, música, morte...

Certamente daba para outra película.

Haberá que dedicarlle un post tamén, non si?