xoves, abril 24, 2008

0118 999 881 999 119 725...3

Na última revista retranca aparece este numeriño. Tamén aparece a indicación "podes buscar este número en google ou en youtube, ou non gastar o tempo en frikadas". E eu, que sigo ao pé da letra iso de que se che din que non penses nun elefante é imposible non facelo (a que estás pensando nun elefante?) alá que vou como ben mandadiño (e friki) que son.

E o que topei foi unha sorpresa.

Lembreime directamente dunha moi boa amiga que di que se fan series de televisión de moitos oficios, pero non de informáticos, que interese pode ter unha serie sobre informáticos? Coidado, atácanos un virus, todos en formación... ou hai que facer un backup urxente...

Pois amiga miña, aquí está esa serie: "Os informáticos" (así é como a titulan en Canal+).

Podo dicir que eu vivín, sen ningún tipo de esaxeración, momentos como estes (estes son os primeiros cinco minutos da serie):



É unha serie inglesa de claro humor inglés (de feito a mín lémbranme a Monty Python). A serie titúlase The It Crowd (polo visto, un título intraducible) e conta as historias do departamento de informática de Industrias Reynholm.

E por que o numeriño? Pois porqueeee:



Estou tratando de 'conseguir' a serie e rir un bo anaco.

2 comentarios:

Unknown dixo...

aqui un friki q chegou o teu blogue dende a retranca jajaja
graciñas pola explicacion e noraboa por colocarte na primeira paxina do google nas busqedas do 0118 999 881 999 119 725
un saudo

Anónimo dixo...

non deixes de ver o 1º da 2ª tempada: facía moito tempo que non ría así.